Lola chega acompañada dunha bolsa de mexillóns de Moaña por se as rapazas queren facer algo con eles. Mentres comentan o que lles gusta almorzar a uns e a outros, a Merchiña ocorréselle facer unha cousa con mexillóns que lles sabe moito a todos os Larpeiros: a empanada.Don Benigno vai facer un prato de altura: castañetas con croques en salsa de pemento. Ademais, Adrián, o Larpeiro mais viaxeiro, terá tempo tamén de ir voando ata O Porriño, onde descubrirá, da man de Pablo, como se fan unhas das galletas máis famosas de Galicia.