O cociñeiro convidado desta semana, Carlos Parra, virá cuns pementos da Arnoia acabados de apañar para facer algo moi rico con eles e, pola súa parte, Lola madrugará para achegarse ao mercado e facerse cunhas sardiñas. Benigno Campos aproveitará que hai pementos e sardiñas na casa para preparar sardiñas en papillote, acompañadas duns pementos de Herbón. Pero isto non será todo porque ao chegar á casa encontrarase con que os peixes e os vexetais serán tamén o ingrediente principal da sorpresa que teñen preparada Carlos e Leni: sardiñas en escabeche con pementos.