Os Larpeiros almorzan hoxe cunha mesa moi colorida e conversan do moito que lles gustan as froitas a calquera hora do día. Nun momento, a mesa énchese de propostas para cociñar con elas. Teñen ganas de incorporar as froitas de tempada ás receitas e queren ir máis aló dos zumes, macedonias ou compotas.