Don Benigno, que as sabe todas, escoitou falar de mazás e xa se puxo a pensar nun xantar para poñela no lugar que lle corresponde. Para iso, pensou nunha saborosa receita, coello con mazá, un auténtico prato de festa cun aire clásico. Pola súa parte, Adrián, foi ata As Neves, onde da man de Pablo descubriu todos os traballiños que hai que pasar para cultivar mazás ecolóxicas para sidra. Para rematar cun bo doce, Merchi e Leni, agasallarán os larpeiros á hora do xantar coa mellor sobremesa: biscoito con marmelada de mazás.