“Larpeiros” comeza cunha animada conversa sobre as comidas ao aire libre e como prestan no verán, unha estación excelente para gozar da contorna. En Galicia, inventouse un dos pratos para comer fóra da casa e coas mans: a empanada. De carne, de xoubas, de bonito, de bacallau, de zamburiñas ou de congro, hai sabores para todos os gustos. Pero, ademais, tamén hai outros moitos pratos perfectos para gozar ao aire libre, coma o popular polbo á feira, as sardiñas asadas, típicas do San Xoán, e, por suposto, o churrasco, unha comida habitual nos encontros estivais con amigos.  Ao falar de churrasco, ao cociñeiro convidado Carlos Parra ocorréselle unha idea para xantar. Coa axuda de Lola, vai preparar un prato de altura para comer ao aire libre: churrasco ao forno e arroz con pementos. Carlos cociña tamén uns crioulos, elemento indispensable en calquera churrasco que se prece.  Adrián, o “larpeiro” máis itinerante, desprázase ata Silleda, onde da man de Juan, aprende todos os segredos d