Os Larpeiros sempre foron grandes fans dos chocos, un dos tesouros das nosas rías. Hoxe na casa almorzan moi entretidos porque está de visita David Couñago, un cociñeiro de altura e gran experto en chocos. David vai facer un clásico: chocos con arroz, pero cun aire diferente. Estarán acompañados por unha maionesa de leite de cítricos. E para pechar esta festa estupenda, o noso amigo Carlos Parra e Leni farán un aperitivo moi diferente. Unhas torradas de ameixas con pisto sobre pan de Cea.