Benigno Campos decidirá levar os tomates ao xantar dun xeito moi especial: cociñando un peixe tan rico como é a castañeta cunha salsa de tomate alegre. Como lambetada, Merchi proporá facer un arroz con leite diferente: con leite de améndoas e froitas. Terán que aplicarse ben ela e mais Leni porque Lola é toda unha experta nesta sobremesa. E mentres a tomateira de Adrián medra, o intrépido investigador achegarase a Meis, na comarca do Salnés, para visitar o seu amigo Álvaro, un home moi sabio no mundo dos tomates.