Os lambóns máis simpáticos da Galega abren unha nova mesa de cociña ilustrada para dar cabida ao humor e á conversa, onde o mestre cociñeiro de Chapela, Benigno Campos, vai preparar un saboroso bacallau ao Gomes de Sá e amais como aperitivo unha lamprea rechea.Ata conseguir tan ricos manxares, o intrépido xornalista Tomás Alonso desprazarase ata o concello de Arbo, na zona do río Miño, para ver como os pescadores desenvolven unha tradición secular: a pesca da lamprea con vituróns. Manuel, un experto pesc...