"Larpeiros", nunha noite máis de cociña, humor e conversa, tráenos esta noite unha nova proposta da man do mestre larpeiro Benigno, que preparará nin máis nin menos que unha xoia da ría, uns chocos en allada. Pero antes de nada, o intrépido reporteiro Tomás Alonso, grande aprendiz do mestre, seguirá as súas instrucións para ir á procura de chocos ata Redondela, onde aprenderá como é a arte da súa pesca, e tamén se achegará ao mercado de Marín a comprar os ingredientes da receita. Para completar a xornada, irá ata Lalín onde comprará un lacón con grelos que sirva de aperitivo aos larpeiros.