Esta noite, “Larpeiros” enxalza un dos produtos máis recoñecidos da gastronomía galega, o queixo.  A maioría dos queixos galegos funden moi ben, polo que resultan un ingrediente ideal para elaborar salsas, como demostrará don Benigno coa súa receita de canelóns de polo e espinacas, cunha bechamel feita con queixo galego. O prato doce correrá a cargo de Merche e Leni, que prepararán unha torta de queixo e mazá.