Benigno Campos proporá cociñar uns canelóns con carne de cocido, o que provocará os vítores e aplausos dos seus compañeiros, xa que o lacón, o touciño, o xarrete e o chourizo forman todo un festival para os sentidos.Agardar ata a hora do xantar será demasiado para Adrián, así que o “larpeiro” viaxeiro collerá hoxe camiño de Piñor para visitar a súa amiga Erundina, unha auténtica catedrática do cocido.Tampouco faltará unha boa lambonada para completar a troula. Aproveitando que os pexegos están no seu mellor momento, Merchi e Leni prepararán unha crema de pexegos, doce e moi rica, acompañada dunhas barriñas de cereais e framboesas.