Caldeirada de Bacallau e berberechos, charlota de amorodos O bacallau é un dos peixes predilectos dos Larpeiros, non só polo seu sabor e versatilidade na cociña, senón pola súa historia: un alimento que ten detrás a historia da navegación, dos descubrimentos xeográficos, das guerras e tratados, da conservación de alimentos... É por iso que cociñar con el sempre resulta tan sabedeiro como interesante! Hoxe Adri vai visitar unha fábrica na que tratan o bacallau cos honores que merece, e logo na casa faremos unha caldeirada con bacallau e berberechos, unha parella improbable (desas que tanto lle gustan a Don Benigno) que dará un espectacular resultado na mesa. Para completar a festa, Merchi e Leni farán unha charlota de amorodos, un espectacular pastel que deixará coa boca aberta a todo o mundo! E coma sempre non faltarán cantigas, contos e troula das boas! Estade moi atentos, lambonciños! Hoxe a festa non vai ser pequena!