Cabrito ao forno con tirabeques, pizza de espinacas e queixo de cabra. As cabras, os cabritos, o seu leite e queixo son hoxe o centro do noso programa. Leni irá visitar a unha pastora e ao seu rebaño nos montes de Guntín, onde aprenderá os pormenores dun oficio que ten moito de arte. Para completar a súa expedición, pasará polo mercado na busca dun cabrito como mandan os libros, e fará unha parada rápida no restaurante de Celia Cabrera, que cociña unhas croquetas con leite de cabra que son unha delicia. Mentres, na casa, Merchi fará coa axuda de Lola unha pizza caseira con espinacas e queixo de cabra.