O cociñeiro do programa, Benigno Campos, está disposto a empregar viño na cociña e hoxe pensa facer un xantar que non deixará a ninguén indiferente: bonito en salsa de ribeiro.Ademais, Adrián, o “larpeiro” máis itinerante, irá voando ata Ribadavia, no corazón do Ribeiro. Alí, da man de Andrés, coñecerá como se vendiman as uvas coas que se elabora un dos viños mais recoñecidos da nosa terra: o Ribeiro. De volta na casa, a festa vai ser completa co biscoito de uvas e améndoas co que Merchi e Leni agasallarán os seus compañeiros.