Don Benigno sorprenderá hoxe os larpeiros cociñando o peixe con crema de porros e arroz con navallas, dous ingredientes polos que o equipo perde a cabeza. Para elaborar este prato, Adrián viaxará ata Cambados onde, da man de Victoria, se converterá nun aprendiz de pescador de navallas. Alí terá que dobrar o lombo e mollar os pés para poder levar as navallas que lles cómpren para o almorzo. Despois dunha mañá de duro traballo, convidará a Victoria a xantar co resto dos larpeiros para agradecerlle a paciencia que tivo con el. Na casa, agardaranos Merchi e Leni, que para a sobremesa farán un brazo de xitano con cenoria e crema.