Benigno Campos pensa facerlle unha homenaxe ao mel demostrando que tamén queda moi ben en pratos salgados, como un bacallau con alcachofas e un toque de mel.Por outra parte, Adrián, o “larpeiro” máis intrépido, irá voando ata A Pobra do Brollón, na provincia de Lugo. Alí, da man de David, converterase en apicultor por un día. De volta na casa, a festa vai ser completa cos pasteliños de mel cos que Merchi e Leni soprenderán os seus compañeiros.