Benigno non pensa deixar pasar a ocasión de facerlle unha homenaxe a avoa Aurita, con tanta fama na comarca da Ulloa polos seus queixos e as receitas nas que os empregaba. Por iso, o mestre propón preparar o bacallau ao forno da avoa Aurita. Coa sabedoría da avoa e a arte de don Benigno o éxito está garantido.Pola súa parte, Adrián, o larpeiro viaxeiro, irá voando ata Arcade. Alí, da man de Ángel, coñecerá todos os segredos dun peixe de río que tamén é unha auténtica delicia afumado: a anguía. De volta na casa, a festa vai ser completa coas empanadillas de bacallau e arandos, coas que Merche e Leni agasallarán o resto dos larpeiros.