Os Larpeiros sempre foron grandes seguidores dunha das razas autóctonas de vacas máis apreciadas: as limiás. Ademais, do seu modo de cría, nos montes de Verea, en Ourense. Unhas carnes de tanta calidade terán a súa continuidade na cociña, cun menú de categoría. E falando no almorzo das boas carnes, Don Benigno propón cociñar un asado de vitela limiá con verduras. Un clásico da gastronomía, que enche de alegría calquera mesa. O almirante terá como axudante na cociña a Leni. Vaia planazo, lambonciños! O noso Larpeiro máis viaxeiro porá rumbo a Verea, onde ten un amigo que recupera a raza autóctona de vaca limiá. Tonecho amosará a Adrián todos os segredos sobre esta xoia dos nosos montes, que vive en liberdade e cos mellores coidados. E para a sobremesa, Merchi tivo a gran idea de facer uns cucuruchos recheos de crema pasteleira e trufa. Unha lambetada moi divertida, vistosa e chea de sabor. Manolo Botana será o encargado de axudar á nosa reposteira. Unha vez máis, co actor non fal