As combinación de sabores que nos ofrece o mar estarán moi presentes en todo o que van probar hoxe os Larpeiros. Unha festa arredor dos produtos do mar e as infinitas mesturas que nos ofrecen. Hoxe é un día diferente na casa, está de visita Miguel Guido: actor, músico e Larpeiro. O convidado fai a primeira proposta do xantar. Quere que os seus anfitrións elaboren un prato con marisco. A cambio, promete acompañar con música toda a xornada. Don Benigno, encantado coa idea, propón cociñar un arroz mariñeiro, con cigalas e berberechos. Un clásico e unha das especialidades dos mestres. Un prato de auténtica festa, no que estará acompañado por Dona Lola. Nada pode fallar! O noso Larpeiro máis viaxeiro, Adrián, visita en Vigo a Pedro Lago, un experto en empanadas, artesanais e feitas con produtos galegos. Un emprendedor que deu un xiro á súa vida para dedicarse á súa gran paixón: a cociña. Farán unha empanada de pescada e lagostinos, que será un auténtico espectáculo. E para rematar a