Que foi primeiro: o ovo ou a galiña? Isto non é o máis importante para os “Larpeiros”, que celebran todos os días que existan galiñas e ovos, xa que, se non, non habería ovos fritidos, tortillas e flan. En definitiva, sería un mundo moito máis triste. Os ovos resultan fundamentais para facer os pasteis doces e salgados, para preparar revoltos e para moitas salsas, como a maionesa, as vinagretas e a salsa holandesa. O programa lembrará esta noite outra cousa fundamental: sen ovos non hai polos, outra cousa ben rica sen a que os “Larpeiros” non poderían vivir. Benigno Campos sabe dunha receita tradicional que xunta precisamente o polo e os ovos: o polo en pepitoria. Na casa dos “Larpeiros” xa se ten feito algunha que outra vez este prato, pero o mestre cociñeiro do programa quere preparalo dun xeito un tanto especial: polo en pepitoria galega, en que se emprega un viño branco do país e en que as tradicionais améndoas son substituídas por unhas noces galegas. O menú complétase co pastel d