Os “Larpeiros” da TVG falan de zamburiñas e volandeiras. Algúns aínda non teñen moi claras as diferenzas entre elas, pero o importante é que as dúas son produtos das rías galegas que alegran centos de pratos, acompañando un guiso de peixe, por exemplo. Combinan moi ben con case calquera especie: cunha pescada, cunhas luras... E é que tanto as volandeiras coma as zamburiñas son desas cousas pequenas do mar que poden cambiar un prato por completo.Benigno Campos é un auténtico experto en zamburiñas e en volandeiras e está disposto a demostralo preparando un arroz caldoso de chocos e volandeiras. Arroces caldosos hai moitos, pero o de hoxe vai ser ben rico, co seu sofrito, co seu fumet de peixe e co arroz no seu punto. O menú complétase cun crumble de peras e mazás que preparan Leni e a reposteira convidada Gloria Mascuñana.Pola súa parte, Adrián, o “larpeiro” máis aventureiro, desprázase a Rianxo. Alí ten que embarcar como un mariñeiro máis e aprender a empregar unha das artes de pesca má