Coma calquera outra familia, Os “Larpeiros”, antes de almorzar, van entrar nunha divertida competición para ver quen esaxera máis, coma se se tratase de pescadores!...  Que se un comeu máis de cen troitas, que se non serían tantas... O certo é que as troitas son un peixe que se pode cociñar de mil xeitos, así que don Benigno non lle dá máis voltas e aposta por facer unhas troitas en escabeche.    Para saber algo máis sobre este peixe, o noso intrépido investigador marcha cara aos ríos do Carballiño, onde...