A cociña do Larpeiros Social Club réndelles homenaxe a esas receitas que inventaron as nosas nais e avoa, co que había pola casa, facendo que o que un día non houbo máis remedio que inventar quedase para sempre nos libros de receitas da familia por dereito propio.  Merchi será a primeira en lembrar algúns dos trucos que lle aprenderon na casa, facendo unha lambetada tan deliciosa coma espectacular. E Lola contará coa axuda dun amigo e cociñeiro para lle dar traza a unha receita que fixo famosa a avoa Milucha. Pola súa parte, Adrián irá ata Chantada para coñecer os segredos de Ana e Ricardo, que coas súas vacas Jersey e moito traballo, fan uns queixos que agora xa son famosos en toda España.