Hoxe, no Larpeiros Social Club non é un día coma outro calquera. Igual que para todos, estas son xornadas de peche, de estar na casa, e que se parecen pouco ao que é habitual nas nosas vidas. O local dos Larpeiros, que adoita estar cheo de xente, alberga esta temporadiña de confinamento unicamente a Adrián e a Manolo. Pero iso non significa que estea baleiro. Porque a través da rede, o teléfono e a tecnoloxía, veremos como están en permanente contacto con tódolos seus amigos e asociados. E como aproveitan estes días para aprender e compilar receitas, trucos e consellos de cociña. Entre outras cousas, para sobrevivir e non morrer de fame. Así é que neste programa non faltarán Larpeiros e Larpeiras de toda Galicia, que achegarán cociña e recomendacións, e que nos contarán como atravesan esta situación tan difícil para todos. Tamén saberemos daqueles que, co mellor dos ánimos, seguen a traballar no agro, no mar, nos mercados ou onde toca, para que as nosas despensa