Compartimos pratos aprendidos aquí e acolá: Teremos con nós a Enrique Pérez, que ademais de ser o pai de Leni, aprendeu moito de cociña mentres estivo emigrado en Suíza. Con el cociñamos un rosbif con verduriñas que será moi celebrado polos Larpeiros! Ademais, visita o Club Roberto Leal, un actor arxentino que leva 30 anos en Compostela. Con el enredamos e mesmo bailamos! E tamén faremos unhas exquisitas berenxenas en escabeche. E para que non falte de nada, será Benigno, o noso Larpeiro de Honra, o que complete este menú de escándalo facendo as súas famosas ameixas á mariñeira.