Enredamos o día con algún erudito: Adelina, labrega de pro e firme defensora da observación como sistema de traballo; ou Diego, experto en lagostas de longa tradición familiar; e tamén, Javier, un cociñeiro que dende O Grove intenta poñer no prato todo o que lle chega a través dos sentidos. Xunto a eles, estarán coma sempre os nosos amigos, cociñando e aprendendo, cantando e botando unhas risas, que non falten! O noso cociñeiro invitado de hoxe, Javier Olleros, fará unha caldeirada de lagosta, desas que quitan o sentido. Ademais, sorprenderá cun primeiro prato con cebola. Unha hortaliza moi común nos nosos pratos, pero pouco habitual como protagonista. Merchi elabora unha torta de améndoas con chocolate, que alegrará o fin de festa.