Mentres o corpo aguante, callos e polbo para adiante! Receitas: Callos de Lola Gestido, polbo con patacas ao xeito de Silverio, Torta de queixo do Cebreiro e brownie de chocolate. Queixo con marmelo. Hoxe no Larpeiros Social Club cociñamos e comparamos receitas, porque de facer callos e polbo case todos sabemos algo! Con ou sen carne de porco? Metemos unto? Cantas especias botamos? Pemento picante, pouco ou moito? Hai poucos pratos que axunten tanta literatura, paixón e devoción como son os callos e o polbo. Propios das xuntanzas, das feiras, romarías, ou tapas das mais desexadas, todos temos a nosa receita (ou case). Lola Gestido será a encargada de dar as claves dos callos, un dos seus pratos máis festexados. E do polbo encargarase un amigo de toda a vida, Silverio Barreiro, que sorprenderá a todos cunha receita diferente. Polbo á grella cun ali oli moi curioso, con allo negro. E con Merchi chegarán as sobremesas. Irá ata A Quinta de San Amaro, en Meaño (Pontevedra), para facer un t