Neste programa, aprendemos a cociñar un pastel de pataca e verdura tan sinxelo e delicioso que fará perder o sentido a máis de un...Con el, serviremos unha carne de tenreira galega e tamén unha salsiña de queixo! Ademais, teremos para abrir boca unha riquísima tortilla de verduras -ou fritatta, que lle chaman en Italia-, e unhas hamburguesiñas de zorza. Cousas diferentes, moi ricas, e moi sinxelas, das que lle gustan a Manuel, para que aprender algo de cociña lle sexa menos complicado. Para rematar o menú non faltará un toque doce, que neste caso achegará unha bica feita con fariña de castaña, outra delicia das que nunca se esquecen. Adrián gozará na súa terra do Mercado de Abastos de Santiago. Pola súa banda, Leni viaxará ata Sober, en Lugo, para coñecer un oficio ancestral: a olería de Gundivós.