Benigno será o encargado de facer un primeiro prato de moito requinte, unha desas receitas sinxelas e cheas de encanto que o fixeron famoso. Unha clásica minestra de verduras, rica e saudable. O noso cociñeiro convidado, Adrián Felípez, sorprenderá aos comensais cunhas perdices á cazadora, con verduras, aromáticos e moita sabedoría. E de sobremesa, Merchi pensará nunha torta que faga as delicias dos mais pintados. Unha torta de plátano con chocolate e crema de caramelo.