No Larpeiros Social Club, celebramos o entroido facendo algunhas das receitas que mellor nos representan. O entroido é o período festivo que precede á coresma. Son datas que anticipaban tradicionalmente a “despedida da carne”, xa que logo deste tempo de “excesos cárnicos”, chegaban outros non tan “excesivos”. En Galicia, país carnívoro por excelencia, estas datas de entroido foron tradicionalmente as propias dos cocidos ou as laconadas. Xa se sabe, dende as orellas ata o rabo, todo é porco! Esta festa popular é a primeira que se celebra logo das matanzas, e iso xustifica que sexa o porco o rei da gastronomía do entroido: cacheiras, chourizos, androllas, botelos... Para acompañar as comidas de entroido tamén se elaboran lambetadas propias destas datas, que moitas veces empregan tamén parte do porco na súa elaboración: Así temos vinchas ou bandullos con recheos doces, ou filloas de sangue... Benigno será o encargado de facer un lacón con grelos como mandan os libros, e pediralle a Merc