Se algún galego aínda non sabe que cociñar en fin de ano. . . Que tome nota! Adrián anda na procura da mellor centola do mundo polos mercados de toda Galicia. E para saber como hai que cociñala Benigno será o mestre dos fogóns. E a nosa Merchi viaxou ata Lugo para facer uns mazapáns artesáns que de seguro saberán a gloria. Mentres agardan por eles na mesa, os demais larpeiros van abrindo apetito cun chocolate con churros para o almorzo. Lola non lle quita o ollo a ese polo da casa, ben criado, que axiña vai meter no forno. Xa o dicían as avoas, as aves de pluma millor con cognac. Para un día tan especial os larpeiros convidaron a unha boa amiga, Pili Pampín. A proposta de Merchi para a sobremesa é unha torta con ameixas, figos, pasas e albaricoques secos, as froitas mais típicas destas datas.