Lola vai preparar un dos pratos de culler por antonomasia: Unhas lentellas! Desas feitas con agarimo, chourizo e mais o seu anaco de touciño... Con ela, revisaremos todos os pequenos trucos dunha cociñeira que manda moito e moi ben na súa cociña. Para acompañar esta receita de xeito maxistral, teremos outros dous virtuosos: Benigno fará marabillas e sorprenderá cun molete recheo de ovo, chourizo e queixo, un primeiro prato que formará parte do noso recordo para sempre. Para pechar o desfile, Merchi fará unha desas lambetadas case máxicas, dándolle unha volta ao que para todos significa pensar nunha torta de chocolate branco.