Con Merchi e Lola faremos unha masterclass do mundo do mexillón, un dos mariscos máis elegantes e máis saborosos (e máis ignorado, polo menos ata hai pouco). Nesta ocasión, irán recheos. E con Benigno chegarán as ensinanzas en forma de peixe importante.  Hai moitos peixes, que ben tratados, nos dan grandes alegrías na mesa. E a de hoxe ten nome e apelidos: Guiso de rodaballo. A receita escollida é moi do gusto das Rías Baixas. Sendo de onde é o patrón, non podía ser doutra maneira! Adrián viaxará ata A Coruña. Quedou cunha amiga, a gran cociñeira Bea Sotelo, para somerxerse no apaixonante mundo das lambetadas e cumprir coa súa encarga. Traer ao club unha bica baixo o brazo.