LARPEIROS SOCIAL CLUB, EPISODIO 5. De cando os Larpeiros van polo mar ou a montaña. Hai países enteiros que non teñen mar. Seica son mais de 40, como Suíza, ou Mongolia. E outros como Dinamarca, non teñen nin unha soa montaña. Son planos, como unha filloa. Nós, en Galicia en cambio, témolo todo, aínda que estea mal gabarse. Será por iso que somos algo tímidos, como para disimular, e que non se saiba que o verdadeiro paraíso está aquí agochadiño, deste lado do Courel e dos Ancares. Percorrer o noso país sempre é unha aventura, que llo digan a Merchi, que hoxe vai ata Friol, para montar a cabalo, ir en carro e coñecer a un gandeiro con gran tradición familiar. Pola súa parte, Adri saíra ao mar cunha das nosas cociñeiras mais recoñecidas, Bea Sotelo, e xuntos intentaran pescar algunhas xardas, para logo facer con elas unha empanada. Mentres, no Club Social, os Larpeiros irán enredando o día entre olas e perolas, porque cociñar un estufado como debe ser, leva o seu tempo. Ademais, non fal