Para comezar, o chef Rivera fará unha lamprea guisada con arroz e viño e, por suposto, con todos os trucos que corresponden a este sacrosanto becho venerado desde o tempo dos romanos. Ademais, o club contará coa presenza dunha panadeira 2.0, das que acaban de saír do forno con moitas ganas e oficio: Carla Rivadulla. Con ela, os membros do club prepararán unha masa moi especial coa que facer uns moletes para acompañar este prato tan lustroso. Por se isto fose pouco, Francy e Davide achegarán a súa música a este festival de sabores.