Hoxe no Larpeiros Social Club facemos unha merecida homenaxe a auga e todo o que temos grazas a ela. Que non é pouco! Para abrir boca sairemos pescar baixo a auga, e Adri fará todo o posible por capturar un entrante, aínda que será Merchi a que teña algo mais de sorte mariscando berberechos. Finalmente os dous volverán para o Club cun par de entrantes moi mariñeiros, e contaremos ademais cun convidado deses que vive e cociña ao carón do mar: Pepe Solla, que recordará receitas e sabores mentres prepara un linguado ao xeito dos seus pais. Para completar o menú faremos unha lambetada cun toque de queixo do Cebreiro, e non faltará música, troula e moitas risas.