Adrián sae da casa dos ‘Larpeiros’ para coñecer novos lambóns que cociñan nas súas casas e gozan ao redor da mesa convidando a amigos e familiares. Nesta aventura coñecerá aspirantes que queren formar parte do club dos ‘Larpeiros Diplomados’, e que terán que demostrar as súas habelencias e simpatía na cociña para gañar o diploma. Hoxe coñecerase no programa a Maruja Pampín, unha muller de Vila de Cruces con moita arte para a cociña. Con esta ‘Larpeira Diplomada’ aprenderase a preparar galo de curral e, ademais de tomar nota da súa receita, aproveitarase para coñecela un pouco mellor e sentala mesa cos seus amigos do coro. Rocío Curros será a aspirante, unha rapaza de Santomé de Obra (Vila de Cruces), que cuns consellos da súa avoa e unha receita de croquetas de allo porro e carne asada tratará de facerse co diploma. Entrará Rocío no club dos ‘Larpeiros Diplomados’?