No presente programa, Adrián Díaz compartirá cociña con Teresa, unha 'larpeira diplomada' de altura. Con ela, ademais de aprender a facer un polo en pepitoria, descubrirá grandes anécdotas que tivo a sorte de compartir cun persoeiro de admiración para calquera larpeiro que se prece. Pola súa parte, Daniel, o aspirante, loitará esta semana por entrar no club cunhas luras recheas de atún, unha receita coa que conta convencer aos comensais, pero que pasará coa proba de Adrián? Sumará o club un novo membro?