Adrián escapa da casa dos Larpeiros para coñecer a moitos lambonciños e lambonciñas que cociñan nas súas casas e gozan ao redor da mesa invitando a amigos e familiares. Ademais coñecerá a aspirantes que queren formar parte do club dos Larpeiros Diplomados, e que terán que demostrar as súas habelencias e simpatía na cociña para gañar o diploma. No programa de hoxe, compartiremos cociña con Muñiz, un betanceiro amante da velocidade e da comida feita a modo que nos abre as portas da súa casa para ensinarnos as súas receitas de papos ao viño tinto e quiche de espinacas e noces. E a nosa aspirante desta semana será Belén, unha tomiñesa afincada en Betanzos dende hai uns meses que xa se sinte parte da vila. Ilusionada con gañar o diploma que lle abra as portas do club dos Larpeiros Diplomados, tratará de convencer aos comensais cunha dourada ao sal. Pero xa sabedes que Adrián trae todo ben pensado e Belén terá que superar o reto sorpresa... sumaremos unha nova membro ao club? Haberá que