PGM 18. Silleda Adrián escapa da casa dos Larpeiros para coñecer a moitos lambonciños e lambonciñas que cociñan nas súas casas e gozan ao redor da mesa invitando a amigos e familiares. Ademais coñecerá a aspirantes que queren formar parte do club dos Larpeiros Diplomados, e que terán que demostrar as súas habelencias e simpatía na cociña para gañar o diploma. No programa de hoxe, coñeceremos a Fernando Lamela, un Larpeiro Diplomado que marchou de Venezuela para vir á terra dos seus pais: Silleda. Cunha contaxiosa paixón pola cociña ensinarános a súa receita de lacón ao forno e escuma de grelos. Pola súa banda, Román será o aspirante ao título de Larpeiro Diplomado. Este estudiante polifacético tratará de sorprender a Adrián cos seus espaguetis negros con luras, unha receita da súa avoa coa que conta convencer aos comensais pero... ollo! Adrián trae un reto sorpresa moi esixente...Será Román quen de superalo? Sumará o club un novo membro?