PGM 23. Adrián escapa da casa dos Larpeiros para coñecer a moitos lambonciños e lambonciñas que cociñan nas súas casas e gozan ao redor da mesa invitando a amigos e familiares. Ademais coñecerá a aspirantes que queren formar parte do club dos Larpeiros Diplomados, e que terán que demostrar as súas habelencias e simpatía na cociña para gañar o diploma. Na nosa visita á Ribeira Sacra, compartiremos cociña con Alfonso López, un Larpeiro Diplomado dos que escriben libros e fan gozar aos que sentan á mesa. Fiel á súa filosofía de respeto polo tradicional e pola cociña de aproveitamento, preparará un arroz de cocido e unhas croquetas de cocido "de rechupete". Pola súa banda, Juan Pablo loitará esta semana por entrar no club dos Larpeitos Diplomados cun solombo de porco con garavanzos, unha receita que parece digna dun diploma pero... que pasará coa proba de Adrián? Xa sabedes que o diploma non se regala! Será Juan Pablo quen de entrar no club?