Despois de tres meses de vacacións, Roberto Vilar regresa ás noites dos mércores. Faino cos grandes clásicos do programa: cos incorrixibles “Gorrillas”, co intrépido Frank Rober, que seguirá amosándolles aos espectadores o mellor da fauna local; e, por suposto, co concurso “Quen vés sendo?”, coa presentadora de “A Revista”, Almudena R. de Urzáiz, que está a piques de ser nai… Dará a luz no estudio? Estreamos temporada de “Land Rober Tunai Show” con novas seccións, en que a audiencia vai coñecer novos personaxes e o programa contará coa música do grupo Agoraphobia. Todo isto e moito máis, na compaña dos imprescindibles Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias.