Santiago, 14.09.2016.-     Moita xente o estaba desexando e por fin este mércores chega o gran momento para os fans do programa “Land Rober Tunai Show”, xa que o show de entretemento e humor presentado por Roberto Vilar regresa esta noite á programación da Televisión de Galicia.E faino cos grandes clásicos do programa: cos incorrixibles “Gorrillas”, co intrépido Frank Rober, que seguirá amosándolles aos espectadores o mellor da fauna local; e, por suposto, co concurso “Quen vés sendo?”, hoxe coa presentadora de “A Revista”, Almudena R. de Urzáiz, que está a piques de ser nai… Dará a luz no estudio? Esta nova temporada de “Land Rober Tunai Show” tamén trae novas seccións, en que a audiencia vai coñecer novos personaxes e o programa contará coa música do grupo Agoraphobia. Todo isto e moito máis, na compaña dos imprescindibles Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias.Ademais, esta temporada o espazo da TVG busca novos colaboradores. A través do Whatsapp, abrirase un casting para que todos os segu