Los Chunguitos, que virán para revolucionar, se cadra, aínda máis o programa coa súa música e o seu humor. Tamén haberá estará no estudio de gravación unha das sensacións da música galega: De Vacas. O grupo vocal que está a revolucionar as redes e a conquistar o público coas súas versións cheas de humor e bo gusto como “Gagnam Style” ou “Single Ladies”.  “Land Rober Tunai Show” contará novamente esta noite coa loucura de Felipe II, que nesta ocasión, terá algúns problemas que o afastarán dos hospitais para verse nun enredo policial que o levará pola comisaría con algunhas amizades perigosas. Ademais do elenco habitual con Xosé Touriñán, Eva Iglesias e Pili Pampín, o espazo da TVG presentado por Roberto Vilar contará coa presenza de Nélida, unha das habituais do programa, que achegará o sentido común máis galaico a un espectáculo cheo de loucura, risas e moita festa.