O programa ten o seu Xoán Carlos I comentando a actualidade da semana co seu particular estilo. O espazo da TVG conta tamén con dous recoñecidos retornos ao universo “landroberiano”: o mítico Felipe II regresa de entre os mortos e, ademais, recibe a visita de Pepe do Seme nunha noite chea de sorpresas e moi especial para el e os espectadores.  Nesta noite tan familiar, “Land Rober Tunai Show” enche de ritmo o estudio coas participacións estelares de David Perdomo, o inigualable Carlos Roma, e o grupo compostelán De Vacas. Como colofón final de festa, asistimos á tola cea de Noiteboa dos Xubilados do programa e aos habituais xogos co público, incluído un “Que Me Estás Contando?” moi especial. Todo isto, como non pode ser doutro modo, na compañía de Roberto Vilar, Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias.