O “Land Rober” segue sen marchar de vacacións e continúa amenizando as noites dos luns na TVG co mellor humor, os sketchs máis divertidos e as situacións máis hilarantes, a cargo, coma sempre, de Roberto Vilar, Eva Iglesias e Xosé A. Touriñán. Así, no “Land Rober Holidays Show” desta noite, hai que pasar polo hospital, cae a estación espacial chinesa, descubrimos os problemas de facer o amor nun coche en Lugo, os “Gorrillas” collen velocidade con Jorge Lorenzo, os “Xubilados” van a Turquía a facer un transplante de pelo e o actor Miguel de Lira xoga ao “A quen lle pasou?”