Nesta ocasión, vén pintar a mona o actor Miguel de Lira. Os espectadores asisten ao enfrontamento máis agardado: Tonechos contra Cantareira; e tamén a outra disputa, neste caso internacional, entre os “Gorrillas” e os “Gorrinhas”. Ademais, os “Xubilados” van de cea e un convidado de altura xoga ao “A quen lle pasou?”.