A versátil artista Pili Pampín sofre un cambio radical e convértese en Eva Iglesias. Os Gorrillas enfróntanse ao xuíz Vázquez Taín nun interrogatorio que os pon fronte á lei. Os Xubilados sorpréndense ao atoparse coa Pantoja, que interpreta a cantante Ruth Lorenzo e, finalmente, a audiencia asiste ao parto dunha nova criatura moi relacionada co mundo dos superheroes.