O actor Luís Zahera e a actriz Camila Bossa acoden ao programa a pintar a mona.  O presentador e director do “Galicia por Diante” da Radio Galega, Kiko Novoa, metido na pel dun axente da autoridade failles pasar un mal momento aos Gorrillas, que coma sempre fan das súas. Tamén a actriz Mayka Brañas, tras pasar polas mans do peiteador Gelucho, entra en shock ao perder a súa melena. Outro dos momentos máis ocorrentes vivímolo coa voda que celebran o humorista David Amor e Xosé A. Touriñán.