Un dos personaxes máis imprevisibles e trasnos do audiovisual español animou a noite do “Land Rober Tunai Show”. A sorpresa e o espectáculo estiveron asegurados nun programa que contou co gran José Corbacho. Que pasa cando se xuntan nun mesmo estudo de gravación dúas boas pezas coma Roberto Vilar e este coñecido e orixinal showman catalán?  Pois paga a pena botarlle un ollo. E é que Corbacho xogou ao “Quen vés sendo…” e ao ping pong. Ademais, falou dalgún dos seus segredos máis inconfesables e fixo un skectch cos Gorrillas.